
Varios membros do Concello de Zas estiveron presentes nos pre-fin de ano celebrados en Baio e Meanos, dúas citas que reflicten o espírito participativo e festivo do Nadal no concello.
En Baio, o pre-fin de ano celebrouse onte dentro da programación municipal de Nadal, cun evento organizado polo Concello de Zas, que reuniu a numerosa veciñanza nun ambiente de festa e convivencia.
En Meanos, a celebración tivo lugar hoxe por iniciativa da veciñanza, cunha chocolatada, merenda compartida e as tradicionais uvas. Nesta xornada estiveron presentes o alcalde e Cristina Pardiñas, concelleira de Igualdade e unha das persoas organizadoras do encontro.
Dende o Concello de Zas queremos poñer en valor tanto as iniciativas municipais como as que nacen da propia veciñanza, exemplo de convivencia, participación e Nadal compartido en todo o concello.