Os alcaldes da Costa arropan a Rueda na presentación da nova licitación da autovia

Os alcaldes da Costa estiveron esta mañá na presentación da ✍️ nova licitación da ampliación da autovía da Costa da Morte, anunciada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, xunto coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Fernández Allegue.

👀 A actuación contempla 5,8 quilómetros de vía de alta capacidade, desde 📍 Santa Irena (Vimianzo) ata a estrada AC-432, cun inicio das obras previsto para este mes de xullo.