
A ceense Serena Díaz Toba, do Arte e Movemento, participará este 17 e 19 de xaneiro en The Summit en New York.
Tras ser Campioa de España dende 2020, clasificouse para este Open Mundial de gran prestixio e competirá en Under 12 Bachata e Salsa (sábado Show Case e luns All In), como única representante española no seu grupo de idade.