
Este ano ve a luz unha nova escudaría no motor galego: Ferreiro Team, un proxecto que nace nas Salgueiras grazas ao esforzo e á paixón de David Ferreiro Caamaño, cunha ampla traxectoria no mundo do motor e unha afección que lle vén de familia.
Ferreiro Team ten previsto participar no Campionato Galego de Carcross, Rallymix e Autocross de -2000 c.c., afrontando esta nova etapa con ilusión, compromiso e un forte vínculo co automovilismo galego.
Un equipo con experiencia e paixón
Nesta aventura, David estará acompañado polo piloto José Martínez Rega e polo experimentado piloto de Carcross José Luis González “Pitufo”.
O equipo técnico estará encabezado por José Rojo Novoa como mecánico oficial, contando coa axuda de Adrián e Gabriel como axudantes.
Completa a estrutura do equipo Sheila Sánchez, como directora comercial.
Actualmente, Ferreiro Team atópase en busca activa de patrocinios para iniciar esta nova andaina. Polo de agora, os patrocinadores confirmados son:
- Maquinaria Agrícola O Rubio
- Panadería Maymar
- HR Madera Carpintería
- 42 Liñas Imprenta e Publicidade
- Costa da Morte Web
- Herrera Rial Construcións
- Bar O Cruce
David Ferreiro Caamaño: unha vida ligada ao motor
Apaixonado do motor desde moi novo, David comezou a súa traxectoria aos 17 anos preparando o seu primeiro coche de gincanas xunto a un amigo. Desde entón participou en diferentes probas con vehículos como un R5, Ford Fiesta e Citroën AX, demostrando sempre dedicación e espírito competitivo.
No ano 2014 deu o salto ao Campionato Galego de Autocross cun Opel Corsa, acadando bos resultados grazas ao apoio dos seus pais. Tras varias tempadas con momentos destacados e tamén con avarías, decidiu facer un punto e aparte na competición profesional, aínda que nunca se afastou do automovilismo. Desde entón segue axudando de maneira desinteresada a numerosos pilotos a mellorar e reparar os seus coches.
Tamén participou nalgunhas probas de rallysprint en León e autocross en Asturias, e actualmente está moi centrado en volver a participar este ano en autocross e pelexar polos primeiros postos e debutar en rallys.
Ferreiro Team tera proximamente circuito propio.
Vehículos para a tempada
Nesta tempada, Ferreiro Team competirá cos seguintes vehículos:
- Peugeot 106 XSI
- Peugeot 106 GTI
- Peugeot 206 RC
- Citroën Saxo VTS
- Citroën Saxo 16V
- Kartcross Yacar
Máis información dispoñible na súa páxina web oficial: www.ferreiroteam.es




