
O Concello de Cabana de Bergantiños, xunto co de Laxe, Malpica e Ponteceso, presentou unha queixa formal polos continuos cortes de teléfono e Internet de Movistar na comarca de Bergantiños.
Estes fallos, repetidos nos últimos dous meses, afectan a veciños, negocios, centros educativos e sanitarios, dificultando actividades cotiás.
Ademais, a situación prexudica gravemente a actividade administrativa municipal e pon en risco o cumprimento dos prazos oficiais.