

O Concello de Corcubión púxose en contacto coa empresa Augas de Corcubión Cee, ao ter constancia a última hora da mañá de hoxe, dun posible verquido na estación de bombeo da Praia da Vila de augas residuais.
Os operarios da empresa presentáronse en dito lugar de inmediato, verificando que o bombeo funcionaba perfectamente, pero observaron que unha tapa dos sumidoiros estaba parcialmente aberta e detectaron a falta dunha mangueira destinada a limpeza da instalación.
Procedeuse á limpeza da zona e a recolocar a tapa no seu lugar.
Este equipo de goberno actúa de inmediato e eficazmente en canto se detectan verquidos.
Este pasado outono procedeuse a facer unha auditoría da rede de saneamento. Este estudo foi realizado para determinar os traballos a acometer no futuro para a mellora das instalacións.
Aínda así, recentemente o concello executou unha obra destinada á mellora deste servizo coa eliminación da vella estación da Agra da Ribeira, instalación de novas tubaxes e o reforzo da estación do bombeo da Viña, facendo mais eficaz o sistema.
Seguiremos traballando na mellora do saneamento en coordinación co servizo de augas.