Cortada a saída de Palavea da AP-9 na Coruña tras un accidente cun ferido

Un condutor perdeu o control do seu vehículo por causas que se descoñecen na saída de Palavea da AP-9, na Coruña, e provocou un accidente que mantén cortada esa zona.

O vial presenta retencións a esta hora. Ás 10:30, a sala do 112 Galicia recibiu aviso dun particular alertando do sucedido.

Con posterioridade, foi un dos implicados o que chamou directamente para reportar o suceso. Segundo relatou, perdeu o control do vehículo e golpeou a outro coche, envorcando.

Compareceron no lugar efectivos do 061, Garda Civil, Policía Local e Bombeiros, dado que nun dos vehículos non podía abrir as portas.

O servizo de tráfico confirmou que se trata dunha dunha colisión lateral e hai unha persoa ferida.