

Veciños da zona da Almozara–A Pereira, en Campelo de Fontecada, levan máis dun ano denunciando o estado lamentable da estrada, completamente esnaquizada e sen ningún tipo de arranxo por parte do Concello de Santa Comba.
Hai aproximadamente un ano, varios veciños acudiron á alcaldía para falar directamente co alcalde e trasladarlle esta situación. A día de hoxe, a estrada segue exactamente igual, sen obras, sen explicacións e sen resposta.
Os veciños pregúntanse se os habitantes de Campelo de Fontecada son cidadáns de segunda ou se o alcalde simplemente non sabe onde queda esta parroquia, porque nunca aparece pola zona nin dá sinais de interesarse polo problema.
Mentres tanto, os veciños seguen pagando os seus impostos coma todos os demais. Iso si: cando chegue o ano que vén e toque votar, moitos xa teñen claro que lle levarán a papeleta e lembrarán esta falta de atención, por moito que lles prometan.






