
O do Centro de Saúde de Buño é só a punta do iceberg dun problema moito máis fondo. Un centro médico que está en todas as portadas pola drástica redución do servizo de medicina de familia que se vén producindo nas últimas semanas.
O horario habitual de atención, que era de 8:00 a 14:00 horas, pasou a reducirse a tan só dúas horas ao día, de 9:00 a 11:00, ou incluso a algunha hora solta polas tardes. Ademais, estanse dando citas con ata un mes de demora, o que está a xerar unha enorme preocupación entre a veciñanza, especialmente entre as persoas maiores e con enfermidades crónicas.
Isto non pode continuar así. E xa non falamos de PP ou PSOE: dá igual quen goberne, porque ao final todos parecen mirar polos seus petos mentres os servizos públicos se degradan día tras día.
Outro dos grandes problemas históricos da zona é a finalización da Autovía da Costa da Morte. Unha infraestrutura moi necesaria, que debería chegar ata Cee e contar con conexións con Santa Comba, unha vila que leva anos practicamente illada.
A ex alcaldesa do PP, María Pose, intentou por todos os medios que a autovía pasase polo pobo, pero o proxecto quedou unha vez máis atrapado entre promesas electorais(do goberno autonómico) e intereses partidistas. Mentres tanto, a comarca segue perdendo poboación, oportunidades e dereitos básicos.
A Costa da Morte non pode seguir sendo cidadanía de segunda.
E Porque decimos que o Psoe e o PP e o mesmo ?
Agora que estamos vendo os agricultores e os mariñeiros manifestarse contra a Mercosur cabe recordar que soamente votarón en contra deste tratado o BNG e VOX.
Outro exemplo que deixa en moi mal lugar o Psoe e que permita que o Alcalde actual de Santa Comba teña unha exclusividade con 6 actividades económicas, unha practica ilegal e nunca vista en ningun lugar de España.
Tamén o Psoe cala cando nunha desas exclusividades o alcalde ten contratos por valor cercanos dos 20.000 anuais con outro concello.
Tamén o Psoe cala cando as actividades lúdicas que levaba o actual alcalde de Santa Comba antes, as pasa a levar unha e empregada, e o colmo e que pasou de recibir 3000€ no 2023 por elas a recibir preto de 90.000€
Toda a información publicada esta recollida no portal de transparencia.










Polo tanto esta demostrado que as persoas importanlles ven pouco, aquí cada un mira polo seu peto.