
AVISO IMPORTANTE NEGREIRA
🚨 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗧𝗘 ⚠
Comunícase á veciñanza que a estrada provincial DP-5603 de Negreira a Marco do Cornado atópase cortada á circulación de vehículos no treito entre 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗲 𝗭𝗮𝘀, debido ao incendio 🔥 dun cable da liña de alta tensión (LAT) e que permanece sobre a estrada superada a zona do Corpachón.
🚔 𝗣𝗼𝗹𝗶𝗰𝗶́𝗮 𝗟𝗼𝗰𝗮𝗹 𝗲 𝗣𝗿𝗼𝘁𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗶𝘃𝗶𝗹 están desviando o tráfico a través da DP-5602 por Gonte e mailo Refuxio de Cobas.
➡ A empresa responsable da LAT xa foi informada atopándose os medios do Concello á espera dos operarios.
Ollo. Precaución. Facede caso das indicacións das autoridades locais.