O CEIP RAMÓN DE ARTAZA DE MUROS CELEBRA ESTE SÁBADO O SEU 50 ANIVERSARIO

📌 O CEIP Ramón de Artaza y Malvárez organiza este sábado, 31 de xaneiro, unha xornada festiva para celebrar o 50 aniversario do centro educativo.

👉 O acto central, ‘A Nosa Historia’, celebrarase ás 11:00 coas intervencións de Aurora Rey Lago, actual directora do centro; Margarita Novo Malvárez, profesora titular de Historia de Arte na Universitat de les Illes Balears e alumna da 1ª promoción; J. Miguel Blanco Fernández, mestre e antigo director do centro, e María Lago lestón, alcaldesa do Concello de Muros e antiga alumna do centro.

🎩 Á mesma hora (11:00 horas), o Mago Paco actuará para o público infantil, e ás 12:00 horas descubrirase unha placa conmemorativa e realizarase unha visita ao museo “da nosa historia”.

✍️ “Unha xornada especial e que seguro será moi emotiva, o Ramón de Artaza e xa un símbolo de Muros e por suposto teño moitos recordos do centro porque fun alumna”, afirma María Lago.

👍 A concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, únese aos parabéns “a toda a comunidade educativa do centro, un exemplo de ensino público de calidade nestes 50 anos”.