
Un veciño de Santa Comba da un prazo de 15 días ao Concello para que retire unha tubaxe que, segundo denuncia, atravesa a súa propiedade privada.
O afectado, Pablo da Costa, asegura que existe unha sentenza firme que delimita o camiño público e a finca privada, resolución xudicial que —segundo indica— lle dá a razón.
Da Costa afirma que a súa intención é solucionar o conflito de maneira amistosa co Concello. Porén, advirte de que, se a situación non se resolve no prazo establecido, tomará as medidas que considere oportunas.


