
O Concello inicia o procedemento de selección do alumnado da nova acción formativa para desempregados (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que se vai realizar na Laracha:
Plan formativo: 528 horas.
Ofertaranse unicamente 15 prazas.
Os alumnos que rematen con éxito a formación recibirán o certificado de profesionalidade.
As persoas interesadas en participar no procedemento de selección do alumnado deben contactar co departamento municipal de Emprego:
Edificio Administrativo.
981612811.
emprego@alaracha.es