
A Plataforma Avanza Santa Comba fai mención nas suas redes sociaís a falta de mantemento que estase a producir na Fervenza de Castriz.
A Fervenza de Castriz precisa de mantemento urxente. Mentres tanto, o noso alcalde segue facendo o ridículo nas redes sociais e vendendo fume a diario, mentres moitos espazos do Concello de Santa Comba permanecen completamente abandonados.
A Fervenza de Castriz é un fermoso salto de auga duns 10 metros no río Mira, situado na parroquia de Castriz. Trátase dunha paraxe natural de gran valor, que destacaba pola súa área recreativa rehabilitada, con cinco muíños restaurados, pasarelas de madeira, bancos e un entorno arborado ideal para o lecer, accesible e perfecto para familias.
Hoxe, porén, ese espazo está á deriva por falta de mantemento e de interese político. É inadmisible que se deixe deteriorar un lugar tan emblemático mentres se prioriza a propaganda baleira.
Señor Romar, menos vender fume e máis traballar. Cobra arredor de 4.500 € ao mes de diñeiro público e a veciñanza ten dereito a saber para que.







