
Un menor de idade resultou ferido ás 08:23 horas nun accidente ocorrido na AC-552, na Avenida da Coruña, á altura da panadaría Caión, en Baio (concello de Zas).
Segundo informan seguidores desde a zona, o suceso podería tratarse dun atropelo a un peón, aínda que non hai polo momento confirmación nos portais oficiais.
Ata o lugar desprazáronse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e sanitarios do 061, que atenderon ao menor.
Á espera de máis datos oficiais, ampliarase a información en canto estea dispoñible.