
O evento constará de 9 combates de boxeo olímpico e 1 de boxeo birmano, con categorías desde xoven ata élite, todas elas amateur. O combate estelar enfrontará a Martín Iglesias e Serén na categoría de 57 kg, e tamén haberá un combate feminino entre Ana García e Sandra Oliveira.
A organización, co apoio do Concello, será a cargo da Escola de Loitadores SKT e o Fight Club Bam Bam. Precisamente o presidente desta última entidade, Manuel Blanco, reuniuse hoxe na Laracha co alcalde, José Manuel López Varela, e coa concelleira de Deportes, Patricia Bello, para ultimar os preparativos deste evento deportivo que chega ao noso municipio nun momento de auxe do boxeo, que suma arredor de 5.000 licenzas federativas en Galicia.
O acceso para o público terá un custe de 12 euros a modo de donativo para sufragar os custes da organización.
