
O Auditorio de Baio acolleu este venres a presentación do libro Toponimia de Zas, unha obra de referencia asinada por Xosé María Lema Suárez que afonda na orixe, significado e evolución dos nomes de lugar do noso concello.
O acto reuniu arredor de 80 persoas e contou coa participación de representantes da Real Academia Galega, especialistas en onomástica e lingua galega, que destacaron o rigor e o enorme valor desta investigación para coñecer mellor a nosa historia e a memoria do territorio.
Dende o Concello de Zas seguimos apostando pola cultura, pola lingua e pola posta en valor do noso patrimonio, apoiando proxectos que axudan a conservar e divulgar a identidade do noso concello.