
O vindeiro 24 de abril o Centro Sociocomunitario acollerá un programa en directo da man da asociación Ponte nas ondas no que participarán centros educativos de Bergantiños, da Costa da Morte, doutros puntos de Galicia e do norte de Portugal.
Unha cita arredor da comunicación, da educación, da cultura e do patrimonio que converterá Caión nun punto de encontro para a rapazada galega e portuguesa.
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Educación, Patricia Bello, e o edil Pablo Cambón mantiveron unha reunión de traballo en Caión con Emilio Veiga, director do Centro de Formación e Recursos da Coruña, José María Varela, asesor de formación, e Santi Veloso, presidente da asociación Ponte… nas ondas!, para avanzar na organización do evento.