O alcalde, José Muíño, recibiu ao deputado provincial de Patrimonio, Xosé Penas, no Dolmen para avaliar as próximas actuacións de mantemento a realizar polo ente provincial.
Tamén valoran acometer a mellora dos accesos ao centro, a modernización dos lavabos, a limpeza da contorna ou a posta en marcha de materiais divulgativos, así como o redeseño da cartelería.
