CAMPAÑA RECADACIÓN COTAS SOCIOS + TEATRO 07/03/2026

Volve o teatro a Buño! toma boa nota e procura ser puntual o sábado, 7 de marzo, no CAT (A Camposa – Buño), a entrada é de balde pero as prazas están limitadas ao aforo.

Nesta ocasión temos a honra de ver sobre as táboas ao Grupo de Teatro Vagalume Animación de Carballo quenes nos presentan, de xeito totalmente altruista, a súa comedia “Operación Barranco”: entre identidades ocultas, matrimonios en crise, amores mal resoltos e operacións que nunca deberían levarse a cabo, disfrutaremos dunha comedia coral chea de retranca galega onde cada personaxe, ao intentar solucionar os seus problemas, acaba precipitando aos demais directamente ao… barranco.

Toda a información deste evento en: TEATRO “OPERACIÓN BARRANCO” – 07/03/2026

CAMPAÑA DE RENOVACIÓN DE COTAS DE SOCIOS 2026 E 2026-2027:

A túa cota de asociado/a é moi importante para manter a actividade da asociación: por favor, escolle entre as cotas ordinarias ou as bianuais, moitas grazas por seguir sendo #xentefacendopobo .

COTAS ORDINARIAS 2026 E ENLACES DE PAGO ELECTRÓNICO (TARXETA OU BIZUM):

  – PAGO COTA INDIVIDUAL ORDINARIA 2026 (10 EUROS)
    ou

  – PAGO COTA FAMILIAR ORDINARIA 2026 (25 EUROS)

OU PAGO BIANUAL 2026-2027 VOLUNTARIO:

  – PAGO COTA INDIVIDUAL BIANUAL 2026-2027 (18 EUROS)
    ou
  – PAGO COTA FAMILIAR BIANUAL 2026-2027 (45 EUROS)