
O 112 recibiu unha chamada esta tarde alertando de que un coche atropelou a unha persoa que conducía un patinete, deixándolle atrapado baixo o vehículo.
O accidente ocorreu na parroquia de Lubre, nun cruzamento de camiños. Infórmase o Servizo de Emerxencias Sanitarias do 061, Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico e ao Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo.
Os bombeiros utilizaron equipos de extricaciónvahicular para liberar á vítima, quen sería trasladada por persoal médico ao hospital CHUAC da Coruña. O ferido, de 20 anos, resultou ferido grave, segundo os medios rescatadores.