UCIN Galicia esixe actuación urxente ante a chegada masiva de visitantes á Costa da Morte pola eclipse solar

José Luis Calo reclama responsabilidade inmediata á Xunta e ao Gobernocentral ante a previsión de miles de persoas na comarca.
A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) Galicia advirte de que a previsión de miles de visitantes nos municipios da Costa da Morte con motivo da eclipse solar de agosto obriga a actuar de maneira inmediata para evitar colapsos, riscos na seguridade viaria e unha imaxe de improvisación institucional.


O coordinador da formación, José Luis Calo, foi contundente:
“Non estamos a falar dun evento menor. Espérase unha afluencia masiva de persoas
en estradas que levan anos denunciándose polo seu mal estado. Se non se actúa agora, as
consecuencias poden ser graves”.
Infraestruturas ao límite
UCIN Galicia lembra que moitas das vías autonómicas e provinciais de acceso a miradoiros,
faros e praias presentan:

  • Firme deteriorado e fochancas.
  • Escasa anchura en tramos de dobre sentido.
  • Deficiente sinalización.
  • Falta de plans específicos de tráfico para eventos extraordinarios.
    “Resulta incomprensible que, sabendo desde hai anos a data da eclipse, non exista
    xa un plan coordinado de reforzo de infraestruturas e seguridade”, sinalou Calo.
    Esixencia directa ás administracións
    Desde UCIN Galicia responsabilízase tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno
    de España pola falta de planificación anticipada.
    “Non valen escusas nin competencias cruzadas. Cando se trata de seguridade e da
    imaxe de Galicia, a obrigación é actuar de forma conxunta e urxente”.
    Medidas inmediatas que reclama UCIN Galicia
  1. Plan extraordinario de acondicionamento de estradas nos principais
    accesos.
  2. Reforzo de sinalización provisional e dispositivos de tráfico.
  3. Coordinación con forzas de seguridade e servizos de emerxencia.
  4. Información clara e anticipada á cidadanía e visitantes.
    José Luis Calo concluíu advertindo que “non se pode esperar a que haxa un problema
    para reaccionar. A prevención é responsabilidade política, e a Costa da Morte non
    pode converterse nun embude perigoso por falta de previsión”.
    UCIN Galicia anuncia que vixiará que se adopten medidas inmediatas e non descarta
    novas iniciativas públicas se non se producen actuacións urxentes nas próximas
    semanas.