Polémica en Santa Comba pola contratación dunha empresa externa mentres o tecido local reclama prioridade

A Plataforma Veciñal Adiante Santa Comba critica que o goberno municipal de Santa Comba non estea priorizando ás empresas locais malia defender publicamente o apoio ao comercio e ao tecido empresarial do concello.

O motivo da queixa é a contratación dunha empresa de Rianxo para a limpeza de cunetas na parroquia de Fontecada, cando —segundo sinalan— existen numerosas empresas locais de escavacións, servizos agrícolas e desbroces que poderían realizar ese traballo.

Cabe Recordar que ainda que sexa unha obra financiada pola Xunta o a deputación, a contratación e directa da Alcaldía. Támen recordar que o 95% das obras que se realizan no concello o son da Xunta o da Deputación.

O colectivo e veciños expoñen varias dúbidas:

  • Por que non se priorizan empresas do municipio?
  • Existiu algún criterio técnico ou económico que xustifique a decisión?
  • Hai falta de transparencia nas contratacións?
  • Por que hai empresas locais que aínda esperan pagos municipais?
  • Quen toma realmente estas decisións dentro do goberno local?

Tamén reclaman explicacións públicas do Concello e máis apoio efectivo ao tecido empresarial local.