
Volve o teatro a Buño! toma boa nota e procura ser puntual o sábado, 7 de marzo, no CAT (A Camposa – Buño), xa que a entrada é de balde pero as prazas están limitadas ao aforo.
Nesta ocasión temos a honra de ver sobre as táboas ao Grupo de Teatro Vagalume Animación de Carballo quenes nos presentan, de xeito totalmente altruista, a súa comedia “Operación Barranco”: entre identidades ocultas, matrimonios en crise, amores mal resoltos e operacións que nunca deberían levarse a cabo, disfrutaremos dunha comedia coral chea de retranca galega onde cada personaxe, ao intentar solucionar os seus problemas, acaba precipitando aos demais directamente ao… barranco.
DATOS DO EVENTO:
- Evento: Obra teatral “O Barranco”.
- Compañía: Grupo de Teatro Vagalume Animación (Carballo).
- Data e Hora: 07/03/2026 ás 19:30 h.
- Lugar: CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño.
- Xénero: comedia.
- Duración: 90 minutos aprox.
- Dirixida a: tódolos públicos.
- Prezo: de balde, acceso libre ata completar aforo.
- Sinopse:
En “Operación Barranco”, Vagalume Animación constrúe unha comedia disparatada chea de enredos, celos e situacións absurdas. A tranquilidade (aparente) da vida de Chona e Mario racha coa chegada de Claudia, ex muller de Mario, que decide pasar a noite na casa mentres arranxa uns papeis pendentes. Os celos de Chona, co apoio (ou non) da súa irmá Eloisa, as teorías conspiranoicas e algún que outro café sospeitoso provocan unha cadea de malentendidos cada vez máis incontrolables.
Mentres tanto, Panchita, fuxindo das súas constantes leas co seu marido Servando, refúxiase en casa de Jacinta, (muller de beleza indomabel) cuxas peculiaridades nocturnas resultan máis terroríficas que reconfortantes.
Paralelamente, Chano, angustiado por descubrir a identidade da súa nai biolóxica, embárcase nun plan disparatado xunto ao seu inseparable e imprevisible Arturito: infiltrarse nun hospital. Alí toparán coa estricta Dra. Muíño, coa poderosa Dona Engracia e coa sufrida paciente Filomena, dando lugar a unha cadea de equívocos médicos que levan a situación ao límite do absurdo.
Entre identidades ocultas, matrimonios en crise, amores mal resoltos e operacións que nunca deberían levarse a cabo, a obra constrúe unha comedia coral chea de retranca galega onde cada personaxe, ao intentar solucionar os seus problemas, acaba precipitando aos demais directamente ao… barranco.