
Esta tarde teremos unha cita moi especial coa música. A gran Mar Davila será a encargada de amenizar a sesión de baile para maiores no Centro Sociocultural de Zas.
🕖 Horario: de 19:00 a 22:00 horas
💃 Música, baile e moi bo ambiente para pasar unha tarde divertida.
Sobre Mar Davila
A artista coruñesa iniciou a súa andaina musical en 1992, tras formar parte de varias orquestras galegas. En 1998 comezou a súa carreira en solitario.
Ao longo da súa traxectoria colaborou con Juan Pardo, quen a convidou a participar no seu disco Alma Galega facendo coros e posteriormente a cantar a dúo no especial de Nadal da Televisión de Galicia.
En 1999 gravou o tema “Sinte a Galicia”, seleccionado para a promoción do Xacobeo 1999, e ese mesmo ano actuou por primeira vez nos Estados Unidos, en Newark, New Jersey e na Casa Galicia de New York.
Posteriormente publicou varios traballos discográficos:
- El juego de la vida (2001)
- A contracorriente (2005)
- Lembranzas, dedicado a clásicos do cancioneiro galego.
Este último inclúe temas tan coñecidos como:
- Ahí ven o maio
- Lela
- Negra sombra
- Eu chorar chorei
- Quen poidera namorala
👉 Non faltedes! Será unha tarde perfecta para gozar da música e do baile.