Recollida fotos para exposición «Cine Galicia, unha retrospectiva á máquina dos soños»

A nosa asociación inicia un novo proxecto de recuperación da memoria histórica de Buño, a exposición fotográfica «CINE GALICIA: UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS». A primeira fase será a recollida de imaxes e documentos sobre o que foi o epicentro do entretemento da comarca, o noso cine, o Cine Galicia. 

Facemos un chamamento a tódolos veciños e veciñas que conserven fotografías, cartelería, tickets de entrada, recortes de xornal ou calquer outro documento relacionado co que foi o cine, teatro e salón de baile de Buño para cedernos as fotografías por uns minutos para dixitalizar (devolverémolas no momento). Estamos especialmente interesados en fotografías nas que se vexa a actividade que nel se desenvolvía: o cinema, a radiola, as veladas… tamén exteriores do edificio e da praza. Ademáis, se tes algunha anécdota ou historia sobre a fotografía, estaríamos encantados de escoitala.

MÉTODO DE RECOLLIDA:

  • Lugar: sala de vídeo do Ecomuseo Forno do Forte
  • Data e horario: sábado 28 de marzo, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
  • Xeito de recollida: NON NOS QUEDAMOS COAS FOTOS, dixitalizarémolas e devolverémolas no momento.