
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, destacou a aprobación do proxecto para construír unha nova glorieta na estrada autonómica AC-418, unha actuación da Xunta cun investimento superior aos 330.000 euros.
O rexedor visitou o lugar xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, onde se executará a actuación, situada nun punto de acceso ao CEIP Milladoiro e ao centro cívico da localidade.
A intervención transformará a actual intersección nunha glorieta e incluirá melloras nas beirarrúas, na iluminación e na accesibilidade da contorna co obxectivo de reforzar a seguridade viaria nun tramo urbano con tráfico frecuente.