O Concello de Ponteceso acaba de concluír as obras de acondicionamento dunha pista na zona de Balarés.

O Concello de Ponteceso acaba de concluír as obras de acondicionamento dunha pista na zona de Balarés.

Esta vía dá servizo tanto ás persoas residentes 🚗 como á clientela do establecemento hostaleiro situado na zona, un negocio que contribúe a xerar actividade e riqueza no municipio.

🗣️ O alcalde, José Manuel Mato, celebrou a finalización destas intervencións, “moi demandadas e que queriamos ter rematado antes entendendo a importancia de que esta estrada estea no mellor estado posible».

📣 Tal e como subliña o rexedor, a esta actuación seguiranlle novas intervencións noutros puntos do termo municipal: “seguiremos reforzando a nosa aposta polo medio rural, promovendo proxectos que contribúan a mellorar as condicións de seguridade e a acondicionar a rede de camiños”.