O PSdeG reclama no Parlamento de Galicia melloras para o IES Fernando Blanco de Cee 

A deputada Patricia Iglesias e a alcaldesa Margot Lamela visitaron o centro para analizar o estado no que se atopa 

En Cee, a 16 de marzo de 2026 

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego que a Xunta de Galicia arranxe o IES Fernando Blanco de Cee. A deputada Patricia Iglesias visitou o centro xunto á alcaldesa socialista Margot Lamela para coñecer de primeira man o estado do centro. 

Iglesias definiu o instituto como «un edificio emblemático e tamén emblema da educación pública para Cee e para toda para toda a comarca». Porén, lamentou as condicións nas que se atopa actualmente. 

«Hai goteiras nas aulas polo ano, polo tellado, que leva sen repararse e facer un investimento importante moitos anos», comeza enumerando a parlamentaria socialista. «Tamén hai unha especie de patio cuberto con uralita que está nun estado absolutamente lamentable», engade. 

Ademais, sinalou que o ximnasio «non cumpre as condicións e especificacións de riscos laborais para que os nenos e nenas practiquen educación física cunha mínima calidade». 

Anunciou que ás 16:00 de mañá, martes 17 de marzo levará á Comisión de Educación do Parlamento as reivindicacións da ANPA e de toda a comunidade educativa. 

Deste xeito, busca «que a Xunta de Galicia non mire para outro lado e que faga as reparacións e investimentos necesarios» para a reparación dun edificio «tan emblemático como é o IES Fernando Blanco en Cee.