
O Concello continúa a impulsar diversas actuacións destinadas á mellora e acondicionamento dos espazos públicos municipais, co obxectivo de preservar o seu bo estado e ofrecer un entorno máis coidado, seguro e agradable para a veciñanza e as persoas visitantes:
Reparación do pavimento na rúa Santa Catalina.
Instalación de balizas lumínicas na zona da Mixirica.
Acondicionamiento de pistas con grava.
Poda e mantemento do arbolado no parque de Sardiñeiro.
Limpeza dos lavadoiros do Xurixano e Mallas.
Desbroce de montes, estradas e cunetas en todo o municipio, no rural e no paseo marítimo da Langosteira e de Corveiro.
Limpeza e mantemento de colectores, así como recollida de residuos voluminosos.
Continuación das tarefas xerais de limpeza en espazos públicos.
Colocación de carteis informativos dentro da campaña “Comprométete con Fisterra”, centrados na correcta xestión de voluminosos e no cuidado responsable de mascotas.
Reparación e acondicionamento de xardíns, barnizado dos maceteiros municipais durante esta semana, xunto coa incorporación de novas plantas que contribúen a embelecer o noso entorno.
Estas actuacións reflicten o compromiso do Concello coa mellora continua do entorno urbano e rural, así como coa calidade dos servizos públicos e o benestar da cidadanía.










