
As concelleiras de Obras e Servizos e de Seguridade Cidadá, Laura Rivadeneira e Sandra Maneiro, visitaron as obras xunto ao presidente da Asociación da Semana Santa muradá.
No concello céntranse agora en garantir que as procesións de Semana Santa poidan desenvolverse con total normalidade.
“Levaremos a cabo estes días actuacións como o encintado das pedras ou o nivelado das arquetas para asegurar un paso cómodo e seguro das procesións”, explica Rivadeneira.
Maneiro engade que “a rúa estará aberta ao paso das procesións de Semana Santa, pero por seguridade non se permitirá a circulación de vehículos”.


