
O mes de abril, ademais da chegada da primavera, celebramos os días do Libro e o Libro Infantil. Por iso, dende a Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño convídámosvos a participar nun roteiro literario polo noso pobo o próximo sábado 18 de abril. Pasaremos a tarde camiñando por tres dos nosos fornos máis emblemáticos e compartindo experiencias a carón dos libros.
PROGRAMA DE ACTIVIDADESSÁBADO, 18 DE ABRIL
16:00 h. – FORNO DOS MOURÓNS: BUÑO CONTA.
Comezamos o roteiro no forno do barrio dos Mouróns, onde os veciños e veciñas compartiremos historias: de tradición oral ou de nova creación, das que xa forman parte do noso imaxinario colectivo ou outras máis novidosas, empregando só a voz ou apoiándonos no formato libro, individualmente ou en grupo… porque Buño sempre tivo moito que contar.
> Como participar?: para organizar esta primeira actividade, se queres participar na sesión de contacontos, ponte en contacto connosco no teléfono 686700766 ou respondendo a este email. Anímate e conta!
17:00 h. – FORNO DO FORTE: A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN.
A través do sendeiriño que conecta o barrio dos Mouróns co barrio do Fono Novo, chegamos ao Forno do Forte; onde nos espera unha adaptación circense do clásico conto: O Flautista de Hamelín, da man de MeRe Clown, fundador e co-director da Compañía de Espectáculos e Animación Moc Moc.
Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor, son as claves desta adaptación circense do clásico conto “O frautista de Hamelín”, no que descubriremos o que sucedeu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público, unha persoa alí presente contarannos como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes. Xa coñecedes a historia que vos querían contar… é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”.
18:15 h. – FORNO DA COSTA: MERENDA LITERARIA.
A última parada deste roteiro é no barrio da Costa, onde nos espera un mercadillo de libros de segunda man a prezos populares e a favor da asociación de veciños. O recaudado servirá para financiar ésta e futuras actividades. Despois da subida ao Forno da Costa poida que precisemos repoñer forzas, así que as lecturas estarán acompañadas de chocolate quentiño.
> Como participar?: podes donar algún libro que teñas na casa, podes vir a mercar algún ou simplemente vir a tomar un chocolate quente con todos nós. Para a doazón de libros contacta con 686700766, con calquer membro da Xunta Directiva ou respondendo a este correo.
Esperámosvos o día 18 no Roteiro Literario.
Se o tempo non nos acompaña, todas as actividades terán lugar nun único espazo: o Forno do Forte.