O CEIP San Vicenzo de Vimianzo recibe a visita do novo xefe territorial de Educación

Onte, a alcaldesa de Vimianzo mantivo unha reunión co novo responsable territorial de Educación, acompañado pola concelleira de Benestar, Mary Pose, o equipo directivo do CEIP San Vicenzo e representantes da ANPA.

Durante a visita, percorreuse o centro co obxectivo de coñecer de primeira man o estado actual das instalacións e trasladar a urxente necesidade dunha reforma integral, unha demanda que o Concello vén realizando desde hai anos.

A xornada desenvolveuse nun ambiente positivo e de colaboración, reforzando o diálogo entre as administracións e a comunidade educativa.

Desde o Concello de Vimianzo continuarase traballando e realizando todas as xestións necesarias ante a Xefatura Territorial de Educación para manter o compromiso coa mellora e adecuación das instalacións educativas, garantindo así espazos dignos, seguros e axeitados para o alumnado e o profesorado.