Inaugurada en Baio a exposición “Aires da Terra”

O Centro Sociocultural de Baio acolle desde onte a mostra “Aires da Terra”, da artista @i.soutullo.

A exposición poderá visitarse de balde ata o 30 de abril, ofrecendo unha nova oportunidade para achegarse á creación artística contemporánea da man dunha artista da nosa contorna.

Nacida en Coristanco, Isabel Soutullo destaca por unha obra que combina o figurativo e o abstracto, abordando cuestións de conciencia social e ambiental.

👉 Con esta proposta, o Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural, apostando pola arte como ferramenta de encontro, reflexión e dinamización da vida cultural do municipio.

👏 Animamos á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse e gozar desta exposición.