X Dúatlon ‘Eleuterio Balayo’ Concello de Muros

O próximo sábado, 18 de abril, Muros acolle o X Dúatlon ‘Eleuterio Balayo’, que será sede do Campionato Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior.

👀 O peche das inscricións é mañá, martes 14 de abril, ás 23.59 horas!

⚠️ Como cada ano, haberá cortes de estrada (primeiro corte de 14.30 a 15.45 h; segundo corte de 16.45 a 18.30h)

🅿️ Estacionamento: Dende as 08:00h do venres 17 Abril ata o sábado 18 de Abril ao remate da proba, a dársena e as zonas indicadas na imaxe teñen que quedar baleiras.

👍 Estará todo debidamente sinalizado.

✅ Unha proba organizada polo Concello de Muros e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI), coa colaboración da Policía Local de Muros; Protección Civil de Muros; Garda Civil Muros; Brigada de Obras; GES Muros; persoal da área de Deportes e clubs locais; Secretaría Xeral para o Deporte, e Universidade de Santiago de Compostela.