A Deputación da Coruña deixa 1 Millón de Euros para obras en Cabana.

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitaba onte o concello de Cabana para revisar e poñer en valor algunhas das obras financiadas co Plan Único, que este ano destinou un total de 933.743€€ a este concello.

Acompañada do alcalde, José Muíño; o concelleiro de obras, Carlos Allo, e a concelleira do BNG Tatiana Rellán, a deputada salientou a importancia do Plan Único “especialmente para os concellos máis pequenos, con excesivas e impropias competencias municipais, que dificilmente poden afrontar”.

Ademais, tal e como expuxo a deputada, o Plan Único “supón un importante impulso para a economía local, ao fomentar a contratación de pequenas e medianas empresas de construción, enxeñerías e outras de sectores relacionados. Deste xeito, ademais de asegurar a execución de obras necesarias, tamén se fortalece o tecido empresarial local, xéranse oportunidades de emprego e contribúese a fixar poboación”.

Plan Único (POS+2025) da Deputación da Coruña en Cabana
 
    
DenominaciónAchega
concello
DeputaciónTOTAL
Reparación de estradas municipais: Frinle-Devesa,
Gándara-A Eirita, A Margarida e outros
0222.969,94222.969,94
Actuacións nas redes de saneamento e abastecemento
dos núcleos de As Redondas e As Salgueiras
0130.958,91130.958,91
TOTAL CONCELLO (2 OBRAS)0353.928,85353.928,85