O Oza celebra o título cunha goleada e o Coristanco empata en Lira.

A xornada deixou como gran protagonista a un Oza xa campión, que quixo festexar o título por todo o alto diante da súa afección cun contundente 4-0 fronte ao Laxe. O conxunto local dominou de principio a fin, demostrando por que foi o equipo máis regular da tempada e pechando o encontro cunha actuación sólida e sen fisuras.

Pola súa banda, o SD Coristanco, segundo clasificado e támen ascendido, empatou 1-1 na súa visita a Lira.

No resto da xornada, cómpre destacar as goleadas do Baiñas, que superou con claridade (4-1) a un débil Camelle, e do Cee, que fixo o propio (4-0) ante o Nantón, confirmando o seu bo momento de forma neste treito final da liga.

Na zona baixa da táboa, o Inter de Brens colle aire grazas á súa importante vitoria fronte ao Seaia.

A competición entra así na súa recta final con moitas frontes abertas, aínda que co título e un dos ascensos xa decididos.