
O Club Deportivo Municipal Piragüismo Dumbría acadou un destacado resultado no Campionato de Novas Promesas de Slalom, celebrado o pasado 25 de abril no río Coura, na localidade portuguesa de Covas.
O equipo proclamouse subcampión galego nunha competición que reuniu ás principais promesas do piragüismo, nun escenario de alta esixencia técnica.
A nivel individual, sobresairon os resultados de Clara Mancebo Landeira, que conseguiu unha medalla de prata, e de Carmen Llaría Traba, que logrou o bronce, contribuíndo ambas de maneira decisiva ao éxito do club.
Con estes resultados, o CDM Piragüismo Dumbría consolida o seu bo traballo de base e a aposta pola formación de novos talentos, que continúan acadando importantes logros en competicións de nivel.
