🏀 ORGULLO DE CORISTANCO: SABELA DESTACA NO BÁSQUET GALEGO E LOGRA O SUBCAMPIONATO DE GALICIA

O Concello de Coristanco quere trasladar unha felicitación moi especial a Sabela polo seu excelente papel na competición autonómica disputada esta fin de semana.

A xogadora participou co seu equipo, o Básquet Coruña U16, na fase final A4 da Liga Galega Cadete Feminina, onde acadaron un brillante subcampionato de Galicia, demostrando un gran nivel competitivo ao longo de toda a tempada.

Este importante resultado ten tamén unha recompensa deportiva de gran relevancia, xa que o equipo conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs Cadete Feminino, que se celebrará en San Fernando (Cádiz) entre o 17 e o 23 de maio.

Dende o Concello de Coristanco destacan que se trata dun logro que pon en valor o esforzo, a constancia e o talento do deporte base, ademais de ser motivo de orgullo para todo o municipio.