O Couquiño acolleu a II Copa Galega de Promesas de Slalom cun gran nivel deportivo

O pasado fin de semana celebrouse no Campo de Slalom de O Couquiño, en Dumbría, a II Copa Galega de Promesas de Slalom, unha cita que reuniu ás novas promesas do piragüismo galego nunha xornada marcada pola competitividade, o esforzo e o gran ambiente deportivo.

O gran protagonista da competición foi o Club Deportivo Miño Teixugos, que conseguiu subir ao máis alto do podio cunha destacada actuación colectiva. Pola súa banda, o equipo anfitrión de Dumbría acadou tamén excelentes resultados, demostrando o alto nivel da canteira local.

No apartado individual, Clara Mancebo Landeira logrou unha magnífica medalla de prata, mentres que Carmen Llaria Traba completou unha gran participación coa conquista da medalla de bronce.

A competición deixou patente o gran futuro do slalom galego e o traballo constante que realizan clubs, deportistas e equipos técnicos para seguir facendo medrar este deporte en Galicia.

Noraboa a todas e todos os participantes polo esforzo e polos resultados acadados.