Vimianzo, 28 de febreiro de 2026. O BNG de Vimianzo rexistrou no Concello unha solicitude de información para coñecer con detalle os gastos derivados do desprazamento de cinco concelleiros á última edición de FITUR, celebrada en xaneiro en Madrid. A formación nacionalista cualifica de “innecesaria” a elevada representación institucional e considera que a decisión resulta “especialmente desacertada” no actual contexto económico do Concello, tras pecharse as contas municipais de 2025 cun déficit de 474.000 euros. Neste escenario, sinalan, a prioridade debe ser a contención do gasto e unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.O BNG tamén discrepa do enfoque do vídeo promocional presentado na feira, que sitúa o municipio como punto de partida para percorrer a comarca. Ao seu xuízo, a estratexia turística debería centrarse na posta en valor do patrimonio propio, como a contorna do Castelo, Os Penedos ou o Parque do Megalitismo, co obxectivo de que o impacto económico repercuta directamente no conxunto das parroquias. Por iso, os nacionalistas sosteñen que antes de destinar recursos a viaxes ou campañas promocionais, o goberno local debería priorizar a mellora e acondicionamento dos espazos e infraestruturas municipais, tanto para reforzar o seu atractivo turístico como para garantir o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.
Categoría: SONEIRA
𝐄𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐝𝐢𝐩𝐥𝐨𝐦𝐚𝐬 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐦𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐂𝐫𝐮𝐳 𝐑𝐨𝐣𝐚 en Zas
Este venres celebrouse no concello de Zas a entrega de diplomas ás persoas participantes nos cursos…
A TVG recolleu a denuncia de dúas veciñas de Baio pola situación dun poste de Telefónica
Estes días a TVG recolleu a denuncia de dúas veciñas de Baio pola situación dun poste…
A próxima semana volven a Zas os 𝗥𝗮𝘁𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝗻𝘅𝗲𝗱𝗲𝘁𝗼𝗱𝗼
Trinke Trinke regresa a Zas para continuar coas súas visitas mensuais ó concello, cunha nova sesión…
O BNG de Vimianzo denuncia a paralización de servizos municipais e responsabiliza á alcaldesa
Vimianzo, 18 de febreiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo denuncia a “intolerable” falta…
O PSDEG DE ZAS CONTINURÁ RECLAMANDO SOLUCIÓNS PARA A SITUACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS E DO CENTRO DE SAÚDE DO MUNICIPIO
A concelleira socialista, Sheila Rial, asistiu ao Parlamento de Galicia para seguir a resposta da Xunta sobre o estado do CEIP Labarta Pose…
A Xunta recibe 11 ofertas para a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a Estrada AC-432
A Xunta vén de recibir 11 ofertas de empresas para a execución das obras de prolongación…
𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐙𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞𝐫𝐞 𝐚𝐜𝐥𝐚𝐫𝐚𝐫 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐨𝐧 𝐞́ 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐮𝐬𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐚𝐬
Diante das manifestacións feitas recentemente sobre a situación dos centros educativos do noso concello, queremos deixar…
𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐀: 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀S NO NÚCLEO DE 𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐃𝐀 – 𝐏𝐀𝐑𝐑𝐎𝐐𝐔𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐋𝐓𝐎.
O Concello de Vimianzo saca a licitación das obras de mellora do núcleo de Reparada, incluído…
Obras de reparación nun vial en SEÑORÁNS
Debido ao tránsito continuo de transporte pesado e ás malas condicións meteorolóxicas dos últimos meses, deteriorouse…