inauguración de “Onde habitan as mouras. Cartografías de nós”, da artista Viki Rivadulla

Onte o Concello de Vimianzo viviu unha tarde inesquecible na Sala de Exposicións Antón Mouzo coa…

O BNG de Vimianzo solicita explicacións pola viaxe de cinco concelleiros a FITUR

Vimianzo, 28 de febreiro de 2026. O BNG de Vimianzo rexistrou no Concello unha solicitude de información para coñecer con detalle os gastos derivados do desprazamento de cinco concelleiros á última edición de FITUR, celebrada en xaneiro en Madrid. A formación nacionalista cualifica de “innecesaria” a elevada representación institucional e considera que a decisión resulta “especialmente desacertada” no actual contexto económico do Concello, tras pecharse as contas municipais de 2025 cun déficit de 474.000 euros.  Neste escenario, sinalan, a prioridade debe ser a contención do gasto e unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.O BNG tamén discrepa do enfoque do vídeo promocional presentado na feira, que sitúa o municipio como punto de partida para percorrer a comarca.  Ao seu xuízo, a estratexia turística debería centrarse na posta en valor do patrimonio propio, como a contorna do Castelo, Os Penedos ou o Parque do Megalitismo, co obxectivo de que o impacto económico repercuta directamente no conxunto das parroquias. Por iso, os nacionalistas sosteñen que antes de destinar recursos a viaxes ou campañas promocionais, o goberno local debería priorizar a mellora e acondicionamento dos espazos e infraestruturas municipais, tanto para reforzar o seu atractivo turístico como para garantir o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.

O BNG de Vimianzo denuncia a paralización de servizos municipais e responsabiliza á alcaldesa

Vimianzo, 18 de febreiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo denuncia a “intolerable” falta…

A Xunta recibe 11 ofertas para a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a Estrada AC-432

A Xunta vén de recibir 11 ofertas de empresas para a execución das obras de prolongación…

𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐀: 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀S NO NÚCLEO DE 𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐃𝐀 – 𝐏𝐀𝐑𝐑𝐎𝐐𝐔𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐋𝐓𝐎.

O Concello de Vimianzo saca a licitación das obras de mellora do núcleo de Reparada, incluído…

Obras de reparación nun vial en SEÑORÁNS

Debido ao tránsito continuo de transporte pesado e ás malas condicións meteorolóxicas dos últimos meses, deteriorouse…

O CMAT tivo onte unha xuntanza cos alcaldes do Concello de Laxe e do Concello de Vimianzo

Onte, a Xunta Directiva da CMAT mantivo unha xuntanza cos alcaldes do Concello de Laxe e…

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín en 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Vimianzo e deputada…

Gala Cernadas enche o auditorio de Vimianzo

Hoxe tivemos o privilexio de gozar no Auditorio de #Vimianzo dunha actuación excepcional da violinista vimiancesa…

O  BNG de Vimianzo denuncia no último pleno municipal a mala xestión e a falta de transparencia do goberno local 

Vimianzo, 6 de febreiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo amosou no último pleno…