

A Asociación Veciñal de Corme (AVV de Corme) realizou a doazón e entrega de dúas escaleiras destinadas aos cemiterios de Corme Porto e Corme Aldea, que xa están dispoñibles para o seu uso de cara á celebración do Día de Defuntos.
A iniciativa ten como obxectivo facilitar aos veciños e veciñas o acceso aos nichos e mellorar a comodidade das persoas que se acheguen aos cemiterios nestas datas tan sinaladas, nas que moitas familias visitan os lugares de descanso dos seus seres queridos.
Con esta achega, a AVV de Corme busca contribuír ao benestar da veciñanza e dar resposta ás necesidades prácticas da comunidade, especialmente nunha xornada de especial significado para moitas familias.
Desde a asociación agardan que este material sexa de utilidade para todas as persoas usuarias dos dous cemiterios.
*AVV de Corme continúa así co seu compromiso de colaboración e servizo á veciñanza
