
Desde o Concello da Baña felicitamos á lanzadora bañense 𝐀𝐢𝐭𝐚𝐧𝐚 𝐂𝐚𝐩𝐞𝐚́𝐧𝐬 𝐑𝐞𝐲 pola medalla de prata acadada a pasada fin de semana no 𝐶𝑎𝑚𝑝𝑖𝑜𝑛𝑎𝑡𝑜 𝑋𝑢𝑛𝑡𝑎 𝑑𝑒 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑐𝑖𝑎 𝑑𝑒 𝐴𝑡𝑙𝑒𝑡𝑖𝑠𝑚𝑜 𝐴𝑏𝑠𝑜𝑙𝑢𝑡𝑜 𝑒𝑛 𝑃𝑖𝑠𝑡𝑎 𝐶𝑢𝑟𝑡𝑎, celebrado en Ourense.
A atleta, que milita no Club Ourense Atletismo, conseguiu unha excelente marca de 12,55 metros en lanzamento de peso feminino, confirmando o seu gran momento deportivo.
