A Plataforma Stop Biogás A Laracha estará este sábado en Ponteceso e o domingo en Paiosaco

A Plataforma Stop Biogás A Laracha instalará un punto informativo este sábado, 31 de outubro, en Ponteceso, coincidindo coa celebración da Feira das Fabas.

Ademais, o domingo, 1 de novembro, a plataforma estará tamén presente na feira de Paiosaco, onde continuará achegando información á veciñanza sobre a súa actividade e as súas reivindicacións.

Desde a plataforma animamos a todas as persoas que se acheguen a estas feiras a visitar os nosos puntos informativos, coñecer de primeira man as nosas preocupacións e compartir opinións e inquedanzas.