A POXA DE LAXE ESTÁ DE VOLTA

O pasado 21 de setembro, desde Faro da Costa, denunciabamos nas redes o peche da poxa de Laxe, unha situación especialmente preocupante despois das axudas recibidas pola Confraría de Pescadores de Laxe nos últimos anos, que superan os 270.000 euros.

A denuncia tivo repercusión e, finalmente, chega unha moi boa noticia para Laxe e para todo o sector do mar: o vindeiro luns día 5 retómase a poxa presencial.

A recuperación da poxa supón un paso importante para a actividade pesqueira e para todas as persoas que viven directa ou indirectamente do mar en Laxe.

Desde Faro da Costa queremos agradecer á Confraría de Pescadores de Laxe e, especialmente, a todas as persoas que traballaron e puxeron o seu esforzo para facer posible a recuperación da poxa.

Unha boa noticia para Laxe, para o noso sector do mar e para o futuro da actividade pesqueira na vila.

🌊 A poxa volve a Laxe.