Abertas as inscricións para o IX Trail Vikingo de Carnota

O vindeiro 31 de maio celebrarase unha nova edición do Trail Vikingo, organizado polo Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club O Jerreiro.

A proba contará con categorías e percorridos adaptados a todas as idades.

📍 Saída e recollida de dorsais no Pavillón de Lamas de Castelo.

🕗 Entrega de dorsais desde as 08:00 h.

Inscricións abertas en www.cronotec.es ata o 27 de maio ás 23:59 h, ou ata completar prazas dispoñibles.

Cota de inscrición:

• Maiores de 18 anos: 10 €

• Menores: gratuíta (requírese autorización paterna/materna, dispoñible en cronotec.es e carnota.gal)

Comida post carreira:

• Participantes: 10 €

• Acompañantes: 15 €

🔗 Máis información e inscricións na seguinte ligazón: https://www.cronotec.es/

Animamos a todas as persoas interesadas a participar nesta destacada cita deportiva do municipio.