BOIRO: DA PROMESA DE MÁIS ZONAS VERDES Á MOTOSIERRA

UCIN Boiro denuncia a contradición entre os discursos de protección ambiental e a tala de árbores no municipio.

O goberno municipal de Boiro volve estar no centro da polémica pola xestión dos espazos verdes. Desde UCIN Boiro cuestionan o que consideran unha contradición entre as promesas de apostar por un municipio máis verde e as actuacións que, denuncian, están a provocar a desaparición de árbores en diferentes puntos da localidade.

A formación critica que a motosierra pareza converterse na resposta habitual ante determinadas actuacións municipais, mentres se suceden os anuncios e compromisos de crear ou ampliar zonas verdes.

Desde UCIN lembran que retirar árbores enfermas, deterioradas ou que supoñan un risco para a seguridade é unha actuación necesaria, pero consideran que esta circunstancia non pode servir de xustificación para intervencións indiscriminadas nin para unha política de abandono do patrimonio arbóreo.

**«Unha cousa é actuar por motivos de seguridade e outra moi distinta converter a motosierra nunha ferramenta habitual de xestión dos espazos públicos»,** sinalan desde a formación.

A organización reclama ao Concello unha planificación seria das zonas verdes, criterios técnicos transparentes e un compromiso real coa conservación da arborización urbana. Así mesmo, considera que as promesas de novas plantacións non poden substituír automaticamente as árbores maduras que se eliminan, debido ao seu valor ambiental, paisaxístico e como elemento de calidade de vida para a veciñanza.

UCIN Boiro insiste en que os espazos públicos deben ser coidados, respectados e planificados pensando no futuro, e non sometidos a decisións que, ao seu xuízo, poden deteriorar o patrimonio natural do municipio.

A formación conclúe reclamando ao alcalde **menos discursos e máis feitos**, e unha política municipal que estea á altura das necesidades ambientais de Boiro.

**Boiro merece algo máis que promesas: merece un goberno que protexa, coide e preserve o seu patrimonio natural.**