


O Concello de Santa Comba iniciou as obras de mellora no lugar de Randufe, unha actuación incluída no POS 2025 que permitirá renovar e acondicionar diferentes elementos deste núcleo.
Os traballos desenvólvense nunha zona que presenta un importante estado de deterioro e teñen como principal obxectivo dar resposta ás necesidades da veciñanza e mellorar as condicións do lugar.
Desde o Concello destacan a importancia desta intervención para avanzar na mellora das infraestruturas e dos espazos públicos de Randufe, atendendo ás demandas existentes e contribuíndo a mellorar a contorna para as persoas residentes.
A actuación forma parte das intervencións municipais previstas no marco do Plan de Obras e Servizos (POS) 2025.
