O Concello de Coristanco abre o prazo para a Comunicación previa de Fogueiras de San Xoan e San Pedro, tanto en fincas privadas como en espazos públicos.
Para a celebración das cacharelas, as persoas, organizacións e comunidades deberán presentar a solicitude correspondente, dispoñible fisicamente nas oficinas xerais do Concello, enchendo todos os datos que constan no devandito modelo de solicitude.
https://www.coristanco.gal/…/SOLICITUDE-FOGUEIRA-2025.pdf
